Portada

As cartas do desarraigo

BAIA
01 / 2023
9788499954196
Gallego
Baía Narrativa
46
Ficción

Sinopsis

Finalista do IV Premio Vilar Ponte 2022 (Concello de Viveiro). Tras case cincuenta anos de ausencia, Fabio volve á vila natal, de onde seu pai o sacara de maneira abrupta, abandonando a súa nai. Unha ausencia sobre a que nunca indagou por medo a facer preguntas que non se poidan responder. Ao volver, coa axuda dunha amiga e veciña de infancia, irá facendo un retrato da sociedade a través do que percorrerá o que era esta vila de emigrantes e navegantes unidos á familia por medio de cartas que non sempre contan a verdade. E así irá descubrindo as intricadas razóns que seu pai puido ter para aquela drástica separación. Tamén comprobará que a falta de franqueza á hora de recoñecer os errores, o medo ao que dirán e os segredos familiares pasan factura ao longo dos anos. Fabio sofre sobre si as consecuencias derivadas dunha carta escrita como exercicio escolar. Temas como o aborto, a fidelidade, as maledicencias, a covardía e o narcotráfico irán ocupando as páxinas desta historia.